O galego Antonio Rivas triunfa en iTunes con Por ahí
novembro 9, 2015
Cun número 1 na tenda virtual de iTunes á semana do seu lanzamento preséntase o primeiro álbum de Antonio Rivas. Por ahí achega dez cancións de pop nas que se deixa sentir o peso das guitarras con letras e músicas compostas integramente polo compostelán. A compañía Bmitic Producciones, con sede en Ames, é a responsable do lanzamento do álbum, integramente gravado, interpretado e producido polo propio Rivas. O músico, afincado en Madrid, comeza o vindeiro 19 de novembro nesta cidade a xira de presentación, e non ten polo momento concerto previsto en Galicia ata o vindeiro 26 de febreiro, cando actuará na Sala Capitol.