Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / aCadaCanto anuncia a súa separación logo de dous discos

ESTA PRIMAVERA O GRUPO CUMPRíA TRES ANOS

aCadaCanto anuncia a súa separación logo de dous discos

FOLK | xuño 15, 2015

imaxe non dispoñible

Xabier Diaz, Guadi Galego, Guillermo Fernandez e Xosé Lois Romero formaban, fai tres anos esta primavera, aCadaCanto. Logo dun disco homónimo e de A Rosa d'Adina, no que musicaban seis poemas de Rosalía, este proxecto musical chega ao seu fin. Segundo anuncian os compoñentes do grupo no seu Facebook "a nosa ía ser unha unión temporal, unha travesía compartida con data de caducidade, e esa data é hoxe". Os compoñentes sinalan que continuarán coas súas carreiras noutros proxectos e agradecen o cariño do seu público a sinalar que "como ben sentenciou Drexler, nada se perde, todo se transforma, e ogallá todas as metamorfoses fosen coma esta". Un concerto no Oca Folk da Estrada serviu como feche á traxectoria o pasado venres 12 de xuño.