Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ardentía convida a avanzar na música tradicional con Adiante

O GRUPO PRESENTA O SEU NOVO DISCO ESTA NOITE NA GENTALHA DO PICHEL, EN COMPOSTELA

Ardentía convida a avanzar na música tradicional con Adiante

FOLK | xuño 5, 2015

adiante_ardentia.jpg

Con portas na capa e convidando a pasar, Ardentía presenta o seu novo traballo. Adiante explora as posibilidades da música de raíz a amosar que pode ser "rica en matices, variada, amplia, complexa". Logo de 25 anos de carreira, o grupo achega unha colección de temas nos que se mesturan a tradición con composicións propias e aos que lles achega unha instrumentación que inclúe gaita, saxofon, acordeon, anfona, bouzouki, guitarra, contrabaixo, frauta, percusións e voces. O grupo presenta o novo álbum cun concerto esta noite na Gentalha do Pichel, en Compostela.

datos do disco