Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os 80 voltan con Alex Casanova

O CANTANTE PRESENTA O SEU PRIMEIRO TRABALLO, ANTAGONASIA

Os 80 voltan con Alex Casanova

POP | decembro 10, 2014

antagonasia_alex_casanova.jpg


Electropop puro no estilo dos anos 80, con Tino Casal ou Javiera Mena como referentes confesos. Esta é a proposta que fai Alex Casanova nos oito temas do seu primeiro traballo. Antagonasia sae á luz da man dun novo selo, Crispis Records e mestura melodías luminosas con letras que, segundo o seu autor, tenden ao escuro. Todos os temas están en castelán agás o último, Xeado de limón, que xa fixera parte do álbum colectivo Bababum. Os interesados en coñecer o proxecto teñen unha oportunidade hoxe na sala Sonar de Santiago de Compostela, onde se fará unha presentación do proxecto.

MULTIMEDIA
Antagonasia en Soundcloud
datos do disco