Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Misterioso Viaje Holanda volta con MVH

A SALA SON DE CANGAS ACOLLE A PRESENTACIóN DO áLBUM O 15 DE MARZO

Misterioso Viaje Holanda volta con MVH

POP | marzo 14, 2014

mvh_misterioso_viaje.jpg

Recén saído do prelo chega á rúa o segundo traballo de Misterioso viaje Holanda. MVH é o título do flamante disco do conxunto coruñés, que achega dez temas de pop atmosférico con toques psicodélicos. Gravado nos estudios Bruar e Santa Cruz Recording da Cidade Herculina, o álbum está dispoñible en Bandcamp. A xira de presentación do volume comeza este sábado 15 na Sala Son de Cangas e continuará pola Fábrica de Chocolate de Vigo (22 de marzo), o Pub Dantón de Laracha o 10 de abril, A Reserva de Carballo o 19 de abril e o Liceo Mutante de Pontevedra o 3 de maio.

MULTIMEDIA
MVH en Bandcamp
datos do disco