Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Lugo acolle o V Sons Creativos

A INICIATIVA INTERNACIONAL ELECTRONIC ARTS REMATA O VINDEIRO DíA 28 EN RIBADAVIA

Lugo acolle o V Sons Creativos

ALTERNATIVA | abril 24, 2013

imaxe non dispoñible

Dúas propostas creativas de vangarda están a se celebrar estes días no noso país. Por unha banda, o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle o vindeiro 11 de maio a quinta edición de Sons Creativos. O encontro, que artella o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, inclúe mesas redondas sobre a improvisación musical e un concerto de esculturas sonoras, entre outras propostas. Ademais, en paralelo abrirá a mostra 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo, que estará no centro ata o 16 de xuño.

De xeito paralelo, Ribadavia está a acoller ata o vindeiro 28 de abril o curso internacional Electronic Arts, no que se traballará a fusión entre vídeo e audio e as novas formas de creatividade. Participantes de Holanda, Italia, Eslovenia, Estonia e España amosarán os resultados do seu traballo nunha actuación final no Castelo de Ribadavia.