Silvia Penide regresa con Animal de compañía
novembro 29, 2012
O quinto disco de Silvia Penide está xa á venda. Animal de compañía está composto por dez temas nos que a cantautora, acompañada da súa banda Los Animales, amosa un son máis complexo e letras máis fondas. Segundo Penide, o disco evoluíu a partir da pintura de Tapiés e do traballo musical do brasileiro Hermeto Pascoal. Gravado ao vivo nos estudios Abrigueiro, con produción de Arturo Vaquero e a propia Silvia Penide, o disco preséntase ao público o 1 de decembro ás 18:30 no marco do Culturgal, en Pontevedra.
Na feira estará á venda tamén unha edición limitada que inclúe como agasallo un lenzo de 5x5 cm ao óleo de Roi Pardo. A peza é un fragmento dun grado no que o artista representa a propia cantante. A Ágora coruñesa acollerá a continuación da xira o vindeiro 22 de decembro.