Mel de Meiga debuta con Crecente
novembro 16, 2012
Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folk cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi. Canda a ela, Carlos Campos “Kakus”, Iván Salgado, Pablo Dalama, Loren Tabarés, Leonel Vignola e Luis Manuel Pérez completan a formación. O seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras, presenta dez temas nos que predomina o folk con compoñente vocal e toques pop que se deixan sentir no emprego do baixo ou da batería.
Gravado nos estudios Nocturnal Records de Ourense, o proxecto conta con colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.
Un concerto o vindeiro 24 de novembro no FNAC da Coruña servirá de presentación ao disco.