Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A máquina do tempo

JUAN CARBALLO E RAMóN NúñEZ MESTURAN MúSICA E POESíA NUN LIBRO-DISCO

A máquina do tempo

CANTAUTOR | outubro 10, 2012

capa_maquina_tempo.jpg

Un libro de poemas. Un disco con cancións e recitados. Un espectáculo con diferentes formatos. O proxecto A máquina do tempo que teñen en marcha Juan Carballo e Ramón Núñez trascende xéneros e soportes e mestura poesía e música. O libro, con ilustracións de Nuria Díaz, recolle once textos dos dous autores. No disco, atopamos as versións musicadas dos mesmos, con colaboracións como as de Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha ou Sito Suárez. O disco está editado por Inquedanzas Sonoras.

O proxecto complétase cunha xira actualmente en marcha. Na mesma, os autores achegan en formato acústico, semiacústico ou mesmo acompañados dun trío, o intimismo das súas composicións.

MULTIMEDIA
Booktrailer de A máquina do tempo
MULTIMEDIA
Escoita seis temas de A máquina do tempo
datos do disco