Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCadaCanto presenta o seu disco

O PROXECTO REúNE A GUADI GALEGO, XABIER DíAZ, GUILLERME FERNáNDEZ E XOSé LOIS ROMERO

aCadaCanto presenta o seu disco

MELóDICA | maio 9, 2012

capa_aCadaCanto.jpg

Para mediados deste mes está previsto que chegue ás tendas aCadaCanto, o novo proxecto musical que aúne o talento de Guadi Galego e Xabier Díaz (voz), Guillerme Fernández (guitarra) e Xosé Lois Romero (acordeón). O proxecto presenta trece temas, na súa maior parte orixinais, que se combinan con pegadas da música tradicional. Os dous primeiros singles do disco, Teu nome por mar e terra e Desafío están dispoñibles na rede. O disco está editado baixo o selo Músicas de Salitre.

O proxecto preséntase como unha iniciativa puntual, “trátase dun proxecto efémero, somos conscientes de que a nosa colaboración se limitará no tempo polos nosos outros traballos. Tocaremos en directo, faremos xira por teatros pero chegará un día no que nos despidamos para, quen sabe, quizais nalgún momento volver a atoparnos", lembran os compoñentes na presentación da iniciativa.

Os primeiros concertos de presentación serán o 8 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e mais o 13 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

MULTIMEDIA
Vídeo de Teu nome por mar e terra
MULTIMEDIA
Desafio de aCadaCanto
datos do disco