Xoel López presenta Atlántico
abril 24, 2012
Co seu propio nome, sen o alias de Deluxe, Xoel López asina Atlántico, un disco que achega 12 temas nos que se detecta a influencia que os ritmos suramericanos deixaron no músico. Máis percusión e letras máis calmadas marcan a evolución estilística do coruñés. O disco está a venda desde o pasado 17 de abril e pode escoitarse de xeito íntegro no web do artista e mediante o web Grooveshark. Editado por Esmerarte, gravouse entre Bos Aires e A Coruña O propio Xoel e mais Juan de Dios correron coa produción.
A xira de presentación desde proxecto comeza hoxe mesmo en Zaragoza e chegará a Galicia o vindeiro 12 de maio cun concerto en Compostela. Dentro das actividades de promoción da obra está a iniciativa Escuchando Atlántico, unha serie de vídeos nos que se pode ver a artistas ou actores como Lourdes Hernández, Joaquín Reyes ou Dani Mateo, entre outros a escoitar a obra.