Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / César Morán canta a Cunqueiro en Haberá primavera

O DUPLO DISCO EDITADO POR GALAXIA INCLúE 15 CANCIóNS E UNHA ENTREVISTA CO MINDONIENSE

César Morán canta a Cunqueiro en Haberá primavera

MELóDICA | novembro 23, 2011

habera_primavera_capa.jpg

Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións é o título da última gravación de César Morán. Un libro-disco no que o músico canta catorce poemas de Álvaro Cunqueiro e un tema propio con colaboracións como a de Uxía Senlle. O lanzamento, ademais, inclúe un segundo CD no que se pode escoitar a última entrevista que concedeu Cunqueiro en vida ao propio Morán. A obra, cun carácter fondamente intimista, achega guitarra, frauta traveseira, saxo alto, contrabaixo e a percusión. A obra inclúe un libro de 56 páxinas e sae á venda cun prezo de 29 euros.

MULTIMEDIA
César Morán interpreta ao vivo Pau Casals en Prada, tema incluído no disco
datos do disco