Iván Ferreiro lanza con éxito Confesiones de un artista de mierda
outubro 28, 2011
Un disco gravado ao vivo cos grandes éxitos da súa carreira en solitario e da época con Los Piratas. Esta é a proposta que fai o vigués Iván Ferreiro en Confesiones de un artista de mierda. A obra, que consta de dous CDs e un DVD, inclúe por unha banda un directo e un miniconcerto acústico gravados nos estudios Cata de Madrid ante público, así como un DVD coa filmación destas sesións. Para alén da colaboración do seu irmán Amaro Ferreiro e dos membros da súa banda Pablo Novoa e o novo batería Gael Pintos, Iván conta neste traballo con colaboracións como Xoel López, Santi Balmes (Love of Lesbian), Rubén Pozo (Pereza). Ademais dos 14 temas compilados, o disco recolle tamén dúas cancións inéditas. Logo do seu lanzamento, o pasado 18 de outubro, o disco logrou situarse como a segunda obra máis vendida a nivel estatal só por detrás do novo traballo de Amaral.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 8/ 2018 | Iván Ferreiro versionará a Golpes Bajos no seu novo disco
- 28/ 10/ 2016 | Iván Ferreiro convídanos á súa Casa
- 3/ 5/ 2013 | Nicolás Pastoriza presenta Poetas y motocicletas
- 6/ 3/ 2008 | O novo de Iván Ferreiro poderá descargarse da rede antes da saída en tendas
- 26/ 2/ 2008 | David Rubín e Alberto Vázquez participan no proxecto bedeístico-musical de Iván Ferreiro