Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Agadic impulsa a entrada de seis grupos na área profesional do Primavera Sound

PRETENDE INCREMENTAR OS CONTRATOS DAS FORMACIóNS GALEGAS NO ESTRANXEIRO

Agadic impulsa a entrada de seis grupos na área profesional do Primavera Sound

INDIE | abril 8, 2011

imaxe non dispoñible

O Primavera Sound non se trata só dun festival lúdico, senón que ten un marcado acento profesional que, segundo o seu director, “comeza cunha copa ou cunha conversa e acaba cun contrato”. A cita, que se desenvolve en Barcelona do 26 ao 28 do vindeiro mes de maio, contará coa presenza de seis formacións galegas (Colectivo Oruga, Disco Las Palmeras!, Eladio y Los Seres Queridos, Igloo, Maryland e Nouvelle Cuisine) que pasaron a dobre peneira de Agadic e da organización do propio festival. O desembarco destes grupos inscríbese no apartado profesional, o PrimaveraPro, que impllica concertos breves de 45 minutos de duración, espazos de encontro entre managares e programadores… Isto é posible grazas a un convenio entre o Primavera Sound e a Agadic, que tivo un conste duns 18.000 euros (á parte gastos de inscrición e desprazamentos das bandas). Insírese na estratexia de internacionalización de Agadic, no interese de promover a presenza das formacións no mercado. No marco do programa de concertos do Primavera Sound, aberto a público xeral estará, canda PJ Harvey ou Interpol, os galegos Triángulo de Amor Bizarro.

Nesta liña de presenza de grupos galegos en festivais musicais estranxeiros, cómpre destacar que Nadadora confirmou a súa presenza no festival de Benicàssim. Canda eles, Triángulo de Amor Bizarro participará, xunto co grupo Polock no ciclo EnVivo-Spanska Musikklubben! que se celebrará o 9 de abril en Estocolmo (Suecia).

Ligazóns