Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mondo Sonoro pon a Triángulo de Amor Bizarro entre os dez mellores discos nacionais do ano
Mondo Sonoro pon a Triángulo de Amor Bizarro entre os dez mellores discos nacionais do ano
xaneiro 3, 2011
No seu número de xaneiro de 2011 a revista musical especializada Mondo Sonoro fai un repaso do ano rematado, apuntando as súas listas de mellores discos, internacionais e nacionais . Nesta última lista o disco Año santo (Mushroom Pillow) de Triángulo de Amor Bizarro sitúase como sexto mellor álbum nunha lista con corenta discos na que ademais é a única representación galega. Os coruñeses TAB volven situarse unha vez máis entre as mellores bandas do ano como xa fixeran co seu primeiro disco no 2007. Nos destaques por comunidades autónomas Mondo Sonoro salienta en Galicia o disco de electro-rock Too many knobs de Colectivo Oruga e a “demo” de Telephone Rouges. No seu resumo mencionan o impulso da música en Galicia polo efecto do Xacobeo sobre os grandes concertos e valoran positivamente o posible asentamento dos festivais Vigo Transforma, Sonar e Xacobeo Importa.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 2/ 2021 | 15 grupos e artistas da escena independente reinventan o último disco de TAB
- 19/ 1/ 2021 | Triángulo de Amor Bizarro obtén o seu segundo Premio Ruído
- 23/ 3/ 2020 | Triángulo de Amor Bizarro dánlle unha volta ao seu son para ser eles mesmos
- 16/ 1/ 2020 | A colleita musical 2019 vista desde fóra
- 15/ 1/ 2018 | Entre Lume e Vendetta