Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Triángulo de Amor Bizarro celebran o seu particular Año Santo

A BANDA ESTREA NOVA FORMACIóN E XA ESTá EN XIRA PRESENTANDO O DISCO

Triángulo de Amor Bizarro celebran o seu particular Año Santo

INDIE | xuño 22, 2010

not_17141.jpg

O Triángulo de Amor Bizarro de Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) está formado por catro caras, despois da marcha do anterior batería, Julián Ulpiano, entrou no seu posto Rafael Mallo e aos teclados agora contan coa achega de Oscar Vilariño. A banda establecida no Barbanza mantense fiel aos seu particular son “ruidista” que tan boas críticas conseguiu cos seus anteriores traballos, e en Año Santo ofrecen dez novos temas para a versión editada en vinilo –un máis que no CD- e que xa está a venda desde o pasado mes de maio comezando polo avance da canción de la monarquía a la criptocracia. A banda xa está a ofrecer concertos deste traballo e xa tivo unha xira mexicana, país no que antes xa obtivera recoñecemento. Año santo é o segundo disco de cancións orixinais ademais de varias maquetas e un recompilatorio e o seu recibimento pola prensa especializada está a ser moi bo.

VIDEO | de la monarquía a la criptocracia
datos do disco