Primeiro disco do Xacobe Martínez Antelo Trío xa á venda
maio 13, 2009
O Xacobe Martínez Antelo Trío é o segundo proxecto baixo o nome deste contrabaixista compostelán que tamén ostenta a titularidade dun quinteto e participa doutros proxectos musicais como U-lo Trío ou Sumrrá. O trío preséntase agora no mercado discográfico cunha gravación homónima do grupo e na que o contrabaixista, xunto ao saxofonista Pablo Castaño e o batería Max Gómez ofrecen nove cortes de jazz contemporáneo do seu repertorio orixinal. O disco Xacobe Martínez Antelo Trío está editado baixo o selo pontevedrés Free Code Jazz Records e xa pode mercarse na rede.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 3/ 2022 | Os festivais de jazz premian a Sumrrá
- 10/ 12/ 2021 | Segundo disco da Orquesta Galega de Liberación
- 3/ 11/ 2021 | Lugo volta ao Jazz na XXXI edición do seu festival
- 18/ 2/ 2021 | A Orquestra Galega de Liberación leva a improvisación ao disco
- 28/ 1/ 2020 | Quince propostas compiten polo premio MIN ao mellor álbum en galego