Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O trío Chamuyo Tango presenta o seu primeiro disco En Auria

UN ARXENTINO, UN URUGUAIO E UN GALEGO FAN SOAR O TANGO NA CIDADE DAS BURGAS

O trío Chamuyo Tango presenta o seu primeiro disco En Auria

FOLK | febreiro 17, 2009

not_14096.jpg

A discográfica ourensá Zouma records presenta estes días o disco En Auria debut do trío Chamuyo Tango, formado polo bonaerense Ricardo Coronel, na voz, Carlos Campos ao violín, e o uruguaio Esteban Muñiz na guitarra. Un trío de orixes cuxos compoñentes teñen orixes e idades diversas e que, desde Ourense queren achegar a súa propia interpretación desta carismática música de raizame porteña. Nos trece temas do disco Chamuyo interpreta tangos clásicos da Guardia Vieja, das décadas dos 40 e 50 do século vinte. Na gravación contaron coa colaboración de David G. Outumuro (compoñente de Mutenrohi) nas percusións, e Xurxo Brea (do Sonoro Maxin) ao baixo.

datos do disco