Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede de Música ao Vivo intercambia grupos cun circuíto portugués
A Rede de Música ao Vivo intercambia grupos cun circuíto portugués
outubro 10, 2008
Cinco grupos galegos que participan na Rede de Música ao Vivo e seis conxuntos portuguesas do circuíto OuTonalidades cruzarán a raia para ofertar un total de 36 concertos. Un convenio entre a Axencia Galega de Industrias Culturais e a Associação Cultural D´Orfeu permitirá este intercambio musical. Pola banda portugesa achegaranse a Galicia João Gentil e Luis Formiga, Mú, Q. Sofia Ribeiro, Rui Pedro, Toques do Caramulo e Uxu Kalhus, mentres que os galegos que visitarán portugal serán Bukowski Blues Trío, Carlos López Quartet, Moondogs Blues Party, Niño & Pistola e A Tuna Rastafari.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 1/ 2016 | A Rede de Música ao Vivo mantén a súa oferta para o primeiro semestre
- 1/ 4/ 2013 | A Rede de Música ao Vivo ofertará 96 concertos ata agosto
- 9/ 9/ 2009 | Ábrese o prazo para inscribirse na Rede galega de Música ao Vivo
- 10/ 4/ 2008 | O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo
- 7/ 2/ 2007 | As grandes salas e diferentes grupos atacan o sistema da Rede de Salas de Música ao Vivo