Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Volve Projecto Mourente cun novo disco de pop electrónico caseiro para bailar
Volve Projecto Mourente cun novo disco de pop electrónico caseiro para bailar
maio 19, 2008
Como xa fixeran anteriormente co disco de Fanny +Alexander a plataforma A Regueifa edita, ao mesmo tempo, na rede e en formato CD o novo disco de Projecto Mourente, "Kara.o.ke". Despois do éxito de difusión que tivo co disco “Baixo os eucaliptos”, a proposta musical de Carlos Valcárcel, xa instalado no panorama musical, abriuse neste traballo á participación de outros músicos e colaboradores sen renunciar ao seu principio fundacional de facer pop electrónico caseiro enfocado como un entretemento. Desde estes fundamentos acompañan a Carlos Valcárcel Martin Wu (The Homens) e Noel Feáns (Fanny & Alexander) tocando guitarras, Xan Vázquez nos coros e Yolanda Valcárcel como voz adicional. Previamente á saída do disco adiantouse na rede o videoclip da canción “Os piores inimigos”. Os 10 novos temas veñen acompañados, ademais, dos remixes feitos por Cable, Fanny & Alexander e Colectivo Oruga e de unha versión do hit de The Homens "Non podo máis". Como é habitual A Regueifa edita o disco baixo licenza Creative Commons 2.5 xenérica.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 7/ 2019 | A Banda da Balbina saca a tortilla a bailar en 'Con Cebola ou Sen Cebola'
- 23/ 5/ 2012 | Projecto Mourente volta con A pior
- 7/ 5/ 2009 | Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo
- 13/ 10/ 2008 | A revista de rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual
- 10/ 10/ 2000 | Comeza a xira multiartística do disco nacido do "Projecto Ninguém"