O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo
abril 10, 2008
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) conta con dúas novas canles para a difusión da súa actividade a través da revista “Ao vivo música” e da web www.musicaovivo.info, que en ambos casos ofrecen información sobre a axenda de concertos mailos grupos que configuran a programación deste circuíto de distribución musical promovido polo IGAEM en colaboración con Clubtura, Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. A revista “Ao vivo música”, de periodicidade semestral, pode descargarse da devandita web e os seus 9.000 exemplares impresos se distribúen de xeito gratuíto nas salas da RGMV. A formación viguesa The Blows ocupa a portada do primeiro número da publicación, dando paso a máis de 30 páxinas nas que aparecen, entre outros contidos, reportaxes e entrevistas.
Tamén che pode interesar:
- 9/ 9/ 2009 | Ábrese o prazo para inscribirse na Rede galega de Música ao Vivo
- 10/ 3/ 2008 | O IGAEM publica os datos definitivos da Rede Galega de Música ao Vivo do 2007
- 9/ 7/ 2007 | A convocatoria para A Rede Galega de Música ao Vivo 2008 suprime a selección previa e a distinción en categorías
- 30/ 3/ 2007 | Unhas xornadas reflexionarán sobre a posibilidade de manter unha industria musical galega rendible e con proxección
- 7/ 2/ 2007 | As grandes salas e diferentes grupos atacan o sistema da Rede de Salas de Música ao Vivo