Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cornelius prepárase para competir na fase nacional da Batalla Global das Bandas

CORNELIUS VAI DAR GUERRA

Cornelius prepárase para competir na fase nacional da Batalla Global das Bandas

ROCK | outubro 29, 2007

not_10929.jpg

Con dous temas seus a interpretar en oito minutos terán que conseguir Cornelius o favor do xurado e mais do público para superar aos seus cinco rivais na fase nacional do Global Battle of Bands. A “Batalla mundial de bandas” é o único certame de grupos emerxentes de ámbito internacional que existe na actualidade e ofrece ao seu gañador una xira mundial e 100.000 dólares. Cornelius, que ven de presentar este mes o seu primeiro disco “Greatest Hits” (PAI Música), conseguiu chegar á final nacional do vindeiro sábado 3 de novembro na que 6 bandas, finalistas de entre 34 presentadas, terán que competir entre si na sala Gruta 77 de Madrid para poder viaxar á final mundial en Londres. Cornelius depende agora deses oito minutos e do apoio do público, que representa o 50% do voto, para superar aos outros cinco grupos e tocar na final londiniense. O Concello de Vilagarcía de Arousa, decidiu poñer autobuses gratis para quén queira acompañar e animar ao grupo neste importante concurso. O estilo musical da banda arousá abarca rock, funk, rock&roll, hard rock ou acústico, cantado sempre en inglés. A banda está formada por David "Chiquillo", Antonio Casado, Toni B. Willisch, Jose Vilas, Andoni Arcos e Ton Risco.

Máis información no sitio oficial do GBOB e no My Space de Cornelius

VIDEO | Presentación de Greatest Hits - Vigo, outubro 2007