Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A orquestra Olympus buscará en Negreira o Guinness á actuación máis longa da historia

A POLO GUINNESS

A orquestra Olympus buscará en Negreira o Guinness á actuación máis longa da historia

MISCELáNEA | setembro 26, 2007

not_10698.jpg

Vintecatro horas sen parar de cantar, bailar e tocar agardan aos catorce compoñentes da orquestra Olympus de Negreira a partir das doce da noite do vindeiro 31 de outubro. Esta agrupación musical que ameniza festas por toda Galicia ten como obxectivo bater a marca do Libro Guinness á actuación musical máis longa da historia, que agora mesmo está nas 16 horas continuadas. Para este fin están traballando un equipo de case medio cento de persoas e contan co apoio do seu club de fans, de máis de 4.000 socios, e de varias empresas entre as que hai varios medios de comunicación, bebidas enerxéticas e pilas que nunca se esgotan. A formación, punteira no seu campo, intenta con este fito facer unha homenaxe aos seus seguidores incondicionais e ao resto das orquestras do país que, como eles, animan as festas e verbenas de toda a xeografía. A excepcional actuación terá lugar na Praza do Concello de Negreira e, de ser preciso, instalarase unha carpa.

Máis información en Tierras de Santiago
e no sitio web de Orquesta Olympus

orquestra Olympus 24 horas