Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía de Galicia grava obras de Mompou coa mezzosoprano Marisa Martins

MOMPOU POLA RFG

A Real Filharmonía de Galicia grava obras de Mompou coa mezzosoprano Marisa Martins

CLáSICA/LíRICA | setembro 19, 2007

not_10661.jpg

Antes do inicio da temporada de abono a Real Filharmonía ven de rematar esta semana a gravación no Auditorio de Galicia de catro pezas compostas polo compositor catalán Frederic Mompou, falecido hai agora 20 anos. Baixo a dirección de Antoni Ros Marbà, Warner Music poñerá en valor toda a calidade artística de Mompou, coa edición deste disco, que inclúe as pezas El Combat del Somni, a Suite Compostela, 5 Poemas sobre textos de Paul Valéry e Cançons i danses. O mestre Ros Marbà é o autor dos arranxos ás tres primeiras obras da gravación. A mezzosoprano hispano-arxentina Marisa Martins é a encargada de poñer voz ás pezas. Foi a viúva de Mompou, Carmen Bravo, recentemente falecida, quen legou ao mestre Ros Marbà unhas cartas nas que manifestaba o seu desexo de que fose Martins quen cantase as composicións do seu marido. O disco entra agora en proceso de post-produción e aínda non se coñece a súa data de presentación.

Máis información en El Correo Gallego