Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O novo selo Kamikaze Música presentará tres lanzamentos discográficos antes de rematar o ano
O novo selo Kamikaze Música presentará tres lanzamentos discográficos antes de rematar o ano
setembro 4, 2007
Con “As palabras espidas” dos galegos NAO inaugurarase o vindeiro 12 de novembro o catálogo discográfico de Kamikaze Música a nova editora creada pola empresa viguesa de servizos e xestión musical Kamikaze Producións. O disco de NAO ven de rematar a súa gravación nos estudios Garate de Andoain baixo a produción de Kaki Arkarazc, a formación de rock metaleiro presenta once temas novos neste seu primeiro traballo discográfico. Kamikaze Música prepara tamén dous discos a cargo dos grupos lusos Peste & Sida e Bob Da Rage Sense, de punk e Hip-Hop respectivamente, que se agarda que saia á rúa o 26 de novembro.