Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Quempallou mesturan o folk con hip-hop no seu terceiro traballo discográfico

POLO AIRE!!

Quempallou mesturan o folk con hip-hop no seu terceiro traballo discográfico

FOLK | xuño 27, 2007

not_10229.jpg

O terceiro disco de Quempallou rompe un silencio relativo da banda, xa que aínda que xa van tres anos desde a gravación de “Estremonías”(2004) o grupo non deixou en ningún momento as actuacións en directo. Na gravación de “Polo aire” (Zouma Records) a banda contou con diversos colaboradores. Unha das propostas musicais máis atípica chega da colaboración co colectivo de hip-hop Dios ke te Crew co que asinan o tema “Ninguén”, nunha mestura á que dan en chamar “hip-folk” con letra de reivindicación social. Os dezaoito temas do disco son, maiormente, composicións propias de Guillerme Ignacio e Roi Maceda e abundan os arranxos de corda grazas á integración de Xulio Abal despois de tres anos dentro da banda. O disco tira dunha estética radiofónica incluíndo cortes con eses son característico da radio e introducións dos locutores Xurxo Souto e Emilio Espadañedo da Radio Galega.

Máis información en La Opinión





Quempallou
datos do disco