Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O grupo Xochilmica grava na Casa das Crechas un tema para o seu próximo disco
O grupo Xochilmica grava na Casa das Crechas un tema para o seu próximo disco
maio 23, 2007
Este xoves día 24 o grupo Xochilmica entrará no pub Casa das Crechas de Santiago para executar e gravar en directo un dos temas que encherán o seu próximo disco. Con esta finalidade sobre as 22:30 horas reuniranse no local compostelán con colaboradores de luxo como o mestre gaiteiro Edelmiro Fernández, con Pedro Pascual (Marful, Talabarte Trio), con Santi Cribeiro e Quin Fariña (Berrogüetto) , Manuel Amigo (Dhais) e as voces das pandereteiras de “Cantigas e Agarimos”. A Casa Das Crechas, un dos maiores santuarios da musica folk en Galicia fai este ano o seu vinte aniversario e vai servir a Xocilmica coma marco perfecto para esta gravación. Xochilmica ven actuando desde o ano 2003, o seu primeiro disco “5 elementos gravouno como resultado de ter gañado o “V Certame de Música Folk de Radio Obradoiro”.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 10/ 2017 | Valentín Caamaño homenaxea a Grant Green no seu novo disco
- 23/ 1/ 2014 | Budiño e A Banda das Crechas visitan o Celtic Connections
- 24/ 9/ 2013 | Trampoline: o indie-folk vigués
- 11/ 2/ 2013 | Milesios presenta 'Alén Mar'
- 2/ 4/ 2012 | Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou