|
Con edición, notas e glosario de Domingo Blanco, o CCG e o Museo de Pontevedra colaboraron na edición da Colección de Cantares Gallegos de Xosé Casal Lois, un dos cancioneiro da tradición oral galega máis importantes do s. XIX. Nel, Casal Lois escolmou máis de 1.800 cantares elaborando unha peza fundamental do noso patrimonio e coa que gañou os Xogos Florais de Pontevedra de 1884. Coa edición desta obra, cúmprese unha débeda pendente con este recompilador incansable da riqueza temática e léxica da Galicia do século XIX.. |