» banda deseñada »  publicación
Xogo descuberto
2006 | Revista ou comic-book

 

Esta publicación de temática social, que xa leva sete números a mediados de 2009, contén principalmente textos, mais tamén ilustración, fotografia e banda deseñada, unhas oito páxinas de BD aproximadamente en cada número. Está feita por mozos e mozas do vigués barrio de Coia. Debuxan Jaimen, Manu (XPM), Natalia, Ezequiel Blazquez e Davida. Este último é o único que fai series continuadas: “El Vengador del Pollo Frito”, parodia de Ramoncín e o “pirateo”, e a costumista “Seres de Barrio” coguionizado con Joe. Tamén hai BDs sobre temas de actualidade ou crítica social. Contén dúas páxinas interiores a cor. Contidos baixo licenza Creative Commons (CC).

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2006
Textos en Castelán, galego, galego-portugués
Continúa a publicarse
Periodicidade cadrimestral
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, 15 x 10 cm, 44 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 2000 exemplares
Distribución: Locais anunciantes e distribuidoras alternativas
Entidade: ,

autores

davida.jpg
Davida
Debuxante
Guionista




  Noticias relacionadas

O Punto Xove de Vigo acolle a mostra de portadas e ilustracións de “Fuck Cómics”
Publicado o 10 / 3 / 2008
Máis portadas en Vigo
A Xunta pedirá a Defensa o traspaso da Illa de Tambo e un colectivo reclama o uso público de Toralla
Publicado o 5 / 9 / 2007
Illas en movemento

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org