A Vicepresidencia da Xunta de Galicia reclamará ao Ministerio de Defensa a titularidade pública da Illa de Toralla por razóns de “utilidade pública e interese social”. Defensa xa desafectou a illa de usos militares. Pola súa banda, o colectivo Xogo Descuberto convocou para o sábado 8 de setembro ás 18:00 h. unha marcha na ponte da illa de Toralla, en Vigo, para “reinvidinca-lo uso da illa por parte de todos e todas e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela”.
Máis información sobre Tambo en Vieiros; sobre Toralla en Indymedia