Semana da banda deseñada 2000 | Revista ou comic-book
Publicación que se realiza con ocasión da Semana de Banda Deseñada que, desde a primavera e ata o outono percorre diferentes localidades galegas. Cada volume recolle información referente ás exposicións que conforman a Semana ademais de información xeral sobre a novena arte, desde reseñas históricas ata nocións sobre como se fai unha banda deseñada. Tamén se inclúen informacións sobre o sector en Galicia e algún traballo de autores galegos. Ata agora saíron dous números, os das edicións do 2000 e do 2001, coordinados por Benito Losada e Henrique Torreiro. Neles podemos atopar traballos de Primitivo Marcos, Manel Cráneo, Hugo e Sergio Covelo, Alberto Guitián e Fernando Ruibal.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2000
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade anual
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, cm, páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia (institucións)
Entidade:
Xunta de Galicia,