» banda deseñada »  publicación
Doctor Mortis
2008 | Álbum

 

Alfons Figueras (Vilanova i la Geltrú, 1922) é un autor clásico da historieta española. Realizou esta obra na década dos setenta para a axencia Selecciones Ilustradas de Josep Toutain, ocupando as contraportadas da revista “Vampus”, en branco e negro e cunha segunda tinta. Comeza a publicarse co número 1, setembro de 1971, e faino de forma intermitente ata o seu peche. Están aquí presentes todas as características do cómic de Figueras: os personaxes, extraídos dos frankenstein e doutros filmes da Universal; o debuxo de forte carga expresionista; un corrosivo e retranqueiro humor negro, o remedo do cinema mudo só roto pola onomatopea.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2008
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 978-84-936632-0-9
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lapelas, 30 x 21 cm, 48 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 15 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: librarías
Entidade: El Patito Editorial,

  Noticias relacionadas

Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org