Volume editado polo "Frente Comixario" e a Casa da Xuventude de Ourense. Estaba destinado a ser o primeiro dos números da serie "Cómic galego", que nunca chegou a realizarse e que recollería en álbumes monográficos o traballos de diferentes autores. "Papagaio Spray" recollía historias curtas de Fernando García Varela que xa apareceran en publicacións coma "Valium 10" ou "Das Kapital". Trátase de "Papagayo Spray", "Orgullo e prexuízo en Manhattan", "K.O.", "O.K.", "Vinde e seguídeme" e "Non esperedes outra cousa".
FICHA TÉCNICA
Ourense (Galicia), 1993
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 84-88633-00-9
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: cosido fío, 25 x 17 cm, 48 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 3.61 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,