Respaldado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Cangas, "O tebeo" é a edición que publica as obras premiadas no Certame de Cómic desta localidade pontevedresa. Esta publicación sempre vai asociada ao Salón do Cómic de Cangas. O inicio da publicación foi co nº1, que saiu en xullo de 2003, e o nº2, publicado en xullo de 2004. Estas dúas revistas distribuíronse co gallo das, respectivamente, 7ª e 8ª edición do Salón do Cómic de Cangas. O nº1 ten portada de Gene Ha e edita as obras premiadas no concurso do Salón, na I e II edición (1999, 2000). O segundo número ten portada de Kano e edita os premiados do III e IV concurso (2001, 2002), entre os que se contan Mª Esther Sánchez (1º premio cat.A 2001), Mª Vilar (1º premio cat.B 2001), Leticia Mª Rodríguez (1º premio cat.A 2002) e Mauro Regueira (1º premio cat.B 2002). O número 4 do Tebeo corresponde ao 10º Salón de Cómic de Cangas (07/2006) e publica, entre os vencedores de 2005 (VII concurso), a Brais Rodríguez con "Robot orgánico" (Cat.A) e Rebeca Fernández con "Inspirados" (Cat.B). Entre os gañadores de 2006 (VIII concurso) que o Tebeo nº4 edita, están de novo Brais Rodríguez con "Día de bosque" (Cat.A) e Daniel Rodríguez con "Lizard" (Cat.B).
FICHA TÉCNICA
Cangas (Pontevedra, Galicia), 2003
Textos en galego
Continúa a publicarse
Periodicidade anual
Depósito legal: carece
ISBN: carece
ISSN: carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: rústica, grampada, 29.7 x 21 cm, 72 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 500 exemplares
Distribución: Cangas (Pontevedra)
Entidade:
Concello de Cangas,
autores
Gochi
Guionista
Debuxante