O pioneiro dos cómics underground Kim Deitch narra os segredos ocultos da vida e da profesión do presentador dun programa de televisión para nenos e do seu malévolo (de feito, posiblemente demoníaco) camarada. Acabarán metidos na alladada uns extraterrestres, o mesmo que Abraham Lincoln… e naturalmente o omnipresente protagonista das aventuras de Deitch, o gato Waldo. Nesta novela gráfica, o autor móstranos a súa propia óptica da cultura popular americana do século XX mergullando ao lector nun mundo onde realidade e ficción se confunden. É a primeira vez que se traduce este título a outro idioma diferente do orixinal. Tradución do inglés de Rafael Salgueiro.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2012
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 978-84-92866-36-6
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: , cm, 168 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 17 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade:
Rinoceronte Editora S.L.U.,