Rinoceronte publica dous novos títulos da súa colección de BD

Contrato con Deus, de Will Eisner, e Na procura de Ed o Riseiro, de Kim Deitch están nas librarías

Capa de <i>Contrato con Deus</i>
Capa de Contrato con Deus
A colección de novela gráfica de Rinoceronte editora amplíase con dous novos títulos que xa están nas librarías. As versións en galego de Contrato con Deus, de Will Eisner, e mais Na procura de Ed o Riseiro, de Kim Deitch. No caso da coñecida obra de Eisner, a edición en branco e negro consta de 204 páxinas e sae á venda a 18 euros traducida por Rafael Salgueiro. O mesmo tradutor verteu á nosa lingua a obra de Deitch, de 168 euros e un prezo de 17 euros.