O
certame galego de creadores novos chámase desde 2006 GzCrea.
Na primeira edición (2006) o primeiro premio foi concedido a Juan Luis Pérez Rodríguez, pola obra «Gárgolas», o segundo a Cosme Fernández González por «02:32 AM» e o terceiro a Alberto Vázquez Rico por «Mozos Mouchos». Na edición incluíronse tamén os dous traballos finalistas, «Os nomes esquecidos», de Jerónimo Piñeiro de Castro e «Calquera día», de Carlos Alfonzo Fernández.
Na segunda edición (2007) o primeiro premio foi declarado deserto, o segundo foi outorgado a Jerónimo Piñeiro de Castro pola obra titulada «Teo vai ó inferno» e o terceiro a Brais Rodríguez Verde por «A casa de mamá». Na edición tamén se incluiron os dous traballos finalistas, «Crebacabezas» de Laura Velasco Vázquez e «Depresión» de Alba María González López.
Na terceira edición (2008) o primeiro premio foi outorgado a Martín Romero Outeiral pola obra «O home do saco», o segundo premio a Mª Dolores Lorente Esquiva por «Ventrílocuo» e o terceiro a Jerónimo Piñeiro de Castro por «Carta dende a fronte». Na edición tamén se inseriu o traballo finalista, «Que ben se está en todas partes», de Diego Campos Omil.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2006
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade anual
Depósito legal:
ISBN: 978-84-453-4349-4 (2006), 978-84-935963-1-6 (2007), 978-84-936673-2-0 (2008)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica, lombo, 30 x 22 cm, 68-80 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Institucional
Entidade:
Difusora de Letras, Artes e Ideas,
Dirección Xeral de Xuventude (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia),
Vicepresidencia da igualdade e do benestar (Xunta de Galicia),
Xunta de Galicia,
autores
Noticias relacionadas
A BD de 2008
Publicado o 26 / 2 / 2009
Presentámosche as obras galegas elixibles para o Salón del Còmic de Barcelona