Fanzine coordenado Brais Rodríguez e Roque Romero que conta con obras súas e tamén con traballos de Chuck, Jano, Diego Blanco, Bernal, Pablo e José Oubiña, entre outros. Contido experimental e misceláneo que xoga moito coa parodia e a espontaneidade formal. Utiliza repetidamente técnicas como o collage ou a sobreimpresión. Os autores combinan obras propias con contido antigo como anuncios decimonónicos. O nº1 saiu en Viñetas desde o Atlántico (A Coruña VIII-2002), o nº2 nas Xornadas de BD (Ourense X-2002), o nº3 no Festival IFI (Pontevedra IV-2003), o nº4 en Viñetas desde o Atlántico (A Coruña VIII-2005), o nº5 en Viñetas (VIII-2006), o nº6 en Viñetas (VIII-2007), o nº7 en Viñetas (VIII-2008). Despois do nº9 (2010), o fanzine faltou á súa habitual cita anual, xa que non se publicou número no transcurso de 2011. O nº4 tivo 48 páxinas e traballos de Brais, Roque, Diego, Jano, Carlos Arrojo, Chuck, Fernandisco, Rapa, Damián, Eliseo e Oubiña. O nº5 tivo 40 páxinas e traballos de Álvaro López, Antía Sánchez, Carlos Arrojo, Brais Rodríguez, Coco Lens, Chuck, Diego Blanco, Emma Ríos, Jano, Meri, Oubiña, Miguel Porto, David Rubín e Luis Sendón. O nº6 tivo 52 páxinas e colaboraron Carlos Arrojo, Bernal, Diego Blanco, Lucas, Piñas, Emma Ríos, Chuck, Martín Romero, Usted, Antía, Nela, Roque Romero, Brais Rodríguez, Jano, David Rubín, Miguel Porto, Sergio Covelo, Torrico, Kike Benlloch. No número sete uníronse novos colaboradores como Álex Tiñas, Silvi ou Miguel Porlán.
FICHA TÉCNICA
Pontevedra (Galicia), 2002
Textos en castelán, galego
Continúa a publicarse
Periodicidade anual
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 21 x 14.85 cm, 20-60 páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 0.60-3.50 euros
Tiraxe: 35-60 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,
autores
Jano
Debuxante
Ilustrador