Antoloxía en castelán dos
Barsowias nº1 a nº7. Un volume de máis de duascentas páxinas que reúne membros do colectivo Polaqia con novos autores como Jose Domínguez ou Jorge Taboada xunto con colaboradores internacionais como Bouss, Louis Bertrand Devaud, Michael Bonfiglio, Paulo Monteiro e Susa Monteiro. En total dúas ducias de autores asinan historietas sobre o amor, a morte, a robótica... estruturadas en capítulos temáticos. Ademais, o libro contén dez historietas inéditas. Foi publicado como nº5 da Colección Dominó de Dolmen Editorial. Barsowia recibiu o Premio do Público ao Mellor Fanzine de España en 2005 co gallo do 24 Saló Internacional del Còmic de Barcelona en 2006. Tamén en 2006, no transcurso da IX edición de Viñetas desde o Atlántico, celebrouse unha exposición de orixinais do colectivo Polaqia titulada "Polaqia en llamas", incluindo moitas pranchas das devanditas edicións.
FICHA TÉCNICA
Palma de Mallorca, 2006
Textos en Castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 84-935092-4-8
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: Lombo colado, cosido fío, 24 x 17 cm, 224 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 12,95 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Toda España
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas