A segunda etapa da revista tivo catro números en edición bilingüe. A primeira tivera múltiples autores e seis números. Porén a segunda contou só con equipos creativos fixos que fixeron series continuadas. Entre os autores de fóra de Galicia contáronse Albert Monteys, Javier Olivares, Raúl Ariño (fan guión e debuxo) Mel, Bartolomé Seguí (debuxan), Felipe Hernández Cava, Jorge García (guionizan). A publicación completábase con entrevistas (Germám Ermida) e textos teóricos (Álvaro Pons). De cada un dos números saiu unha edición en castelán e outra en galego. As entregas foron: nº1 (Saló de Barcelona, abril de 2007), nº2 (Saló de Barcelona, abril de 2008), nº3 (Viñetas desde o Atlántico, agosto de 2008), nº4 (Salón de Barcelona, abril de 2010). A participación de Miguel Porto e Víctor Rivas limitouse ao primeiro número. Tamén escribiu para BD Banda a guionista Anna Raven.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2007
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade semestral
Depósito legal: Vg-325/07
ISBN: Carece
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: rústica, lombo colado, 24 x 17 cm, 68 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 6 euros
Tiraxe: en galego 1500 e en castelán 2000 exemplares
Distribución: librarías especializadas de todo o estado
Entidade:
O Clube da Esquina,
BD Banda,
autores