Dous álbumes que compilan historias ambientadas na cultura castrexa. O guión é de Xesús Franco González e o debuxo de Bofill, coa asesoría histórica de Xosé Manuel Hidalgo. Os relatos viron a luz por primeira vez no suplemento infantil "A Pizarra" que editaba o Faro de Vigo a comezos dos oitenta. En 1985 foron compiladas en dous álbumes editados pola Consellería de Edución e Cultura dentro dunha Campaña Experimental de Fomento da Lectura. "Os homes do fin do mundo" preséntanos a Nem, o neno protagonista e os seus amigos, e narra varias historias breves. O segundo volume, "Os fillos de Breogán", é unha historia longa na que os protagonistas visitan Brigantium. A influencia de Astérix déixase sentir mesmo no deseño dalgún personaxe.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 1985
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 84-398-3685-6 (Os homes...) e 84-398-5401-3 (Os fillos...)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, cosido fío, 30 x 22 cm, 56 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 3.91 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
Xunta de Galicia,