A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas. Esta serie publícase na revista BD Banda, nova época. A asociación cultural BD Banda publica o álbum en galego e castelán ("Las Serpientes Ciegas") e a editorial Dargaud en francés ("Les Serpents Aveugles").
FICHA TÉCNICA
Galicia-Francia, 2008
Textos en Galego, castelán e francés
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 978-84-612-4977-0 (galego), 978-84-612-4978-7 (castelán), 978-2-205-06116-1 (francés)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 32 x 24 cm, 72 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 14 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: todo o Estado e mercado europeo
Entidade:
O Clube da Esquina,
BD Banda,
autores
Noticias relacionadas
Barcelona despois da festa
Publicado o 5 / 5 / 2010
Menos novidades editoriais e a ausencia dun posto de venda marcan a presenza galega no XXVIII Saló del Còmic
BD: Os mellores de 2009
Publicado o 29 / 12 / 2009
Henrique Torreiro, Melo e Eduardo Maroño recoméndanos os mellores cadriños do ano que fina