Fanzine da Coruña que chegou a tirar tres números no bienio 1995-96. Promovido por Anxo Cuba, contou coas colaboracións de Bernal, Jano -entón asinando como Alexandre Viñuela- entre outros. O seu segundo número, de máis de cen páxinas, inclúe un completísimo dossier sobre fanzines galegos que subministrou boa parte da información do primeirizo soportal Banda Deseñada en 2001. Tamén incluía unha lista de autores, álbumes e libros sobre banda deseñada galega.
FICHA TÉCNICA
A Coruña (Galicia), 1995
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 29.7 x 21 cm, páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 3 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,