Kalandraka Edición
Kalandraka Editora naceu en Pontevedra o día 2 de abril de 1998, coincidindo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coa pretensión de chegar a un público algo esquecido polo mercado editorial galego: os primeiros lectores. O principal obxectivo era ofrecer libros coa máxima calidade estética e literaria para que os cativos aprendesen a valorar a lectura desde os primeiros anos da súa vida e puidesen descubrir a maxia que se agocha nas páxinas dun libro. No seu catálogo tén contado co selo Faktoría K de Libros, dedicado entre outros xéneros á banda deseñada e onde se encadrou a Colección BD Banda.