Casa da Xuventude de Ourense Institución
Unha das institucións que máis teñen feito pola banda deseñada galega nas últimas décadas, co traballo de Benito Losada (director desde 1978) ao frente, con Henrique Torreiro e outros colaboradores. Ten apoiado os autores novos a través de concursos como o Certame Ourense de BD (1991-95), exposicións (desde 1984) e publicacións. As Xornadas de BD de Ourense, organizadas pola Casa, foron coorganizadas no seu inicio co Frente Comixario, colectivo de autores ourensáns. Entre as publicacións ás que ten contribuído a Casa, o Fanzine das Xornadas, Debuxantes en Banda, e a revista dos premiados no Certame Ourense. A institución entrega anualmente o prestixioso premio Ourense de BD á mellor iniciativa a prol da banda deseñada galega.