Debuxante de BD e ilustrador de trazo áxil, é un dos grandes talentos novos de Galicia. Foi o primeiro autor en unirse a Polaqia tralos cinco membros fundadores, participando activamente na revista conxunta deste colectivo de autores, a publicación semestral "Barsowia". Participou nos fanzines "Contubernio" (oito números desde 1998), "Pilas Condones y cintas vírgenes", "Sintoteca" e "Carne líquida", "Leña Verde". Colaborou co "Fanzine das Xornadas" (2002). Desenvolve un proxecto chamado "Novenoarte", selo baixo o que publica os seus minicómics ("Patoaventuras" e "Las aventuras de Jesucristo en el Oeste" 1 e 2) tanto en soporte web como en papel.
Flickr
Palmarés
Gañou diversos premios a nivel autonómico, como o segundo posto en Cangas´99. Áccesit conxunto con Roque Romero no XV certame galego de BD, 1999 coa historia "Nostalxia". No II Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2001, modalidade BD, gañou o 2º premio da categoría de 19 a 22 anos con "Xa chegou o circo". No III Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2002, modalidade BD, gañou o 1º premio da mesma categoría. No IV Certame Galego de Imaxe Artística - Xuventude 2003, modalidade BD, gañou o 4º premio da categoría B, con "Donnie Shark". Áccesit no certame ilustración do INJUVE 2005. Premio no certame de BD de Portugalete, mellor cómic on line (2005).
Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra.
publicacións
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Debuxante,
Ilustrador,
Portadista,
Editor,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas
Altar Mutante chega ao seu número 10
Publicado o 12 / 8 / 2021
O veterano fanzine "de horror putrefacto e ciencia ficción graxenta" presenta a súa nova entrega no Viñetas desde o Atlántico