Ilustrador e deseñador de BD, comezou en 1977 coa banda "O fillo de Breogán" no voceiro comunista "A Voz do Pobo". Foi un dos fundadores de "Can sen Dono", revista que chegou a dirixir, e ten colaborado con publicacións como "Teima", "El Pueblo Gallego", "Hoja del Lunes de Vigo", "Faro de Vigo", "A Peneira", "La Voz de Galicia", "A Nosa Terra" ou "La Codorniz". Publicou a saga "A retirada de Sir John Moore" na revista primeira etapa da revista "Golfiño", que despois foi recompilada en formato álbum por Xerais. Outras creacións súas inclúen "O curral de Don Mundo", "Maxistérico", "O galo Camilo" e "Robinson". Como ilustrador para nenos ten acadado moita fama, asinando a serie "Os Bolechas". Ten desenvolvido a publicación infantil "Bule bule" e publicou o álbum "Compostela, historia dunha lenda" (ed. Toxosoutos, 2003) da que se tiraron dez mil exemplares. Na mesma editora viu a luz a súa serie de álbumes "Os Barbanzóns" (2003), unha revisitación asterixiana.
Palmarés
Por toda a súa traxectoria recibiu en 2003 o Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou persoeiro relevante da novena arte en Galicia.
publicacións
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas
Ladridos que fixeron historia
Publicado o 5 / 10 / 2023
Culturagalega.gal súmese ao 40 aniversario de Can sen dono coa publicación da colección completa de portadas da histórica revista