A Mesa reclama a dimisión de Marisol López mentre 8.000 sinaturas opóñense ao incremento do galego nas aulas

Coa lingua nas letras

18/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Para alén de celebracións, que houbo moitas, este Día das Letras tivo tamén a súa dose de polémica lingüística. Por unha banda Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, lanzoulle un ultimato ao presidente da Xunta esixindo mudanzas na política en materia de lingua ou a destitución de Marisol López, secretaria xeral desta área. Ao tempo, o colectivo "Tan gallego como el gallego" anunciou que xa ten 8.000 sinaturas en contra do incremento do galego no ensino. Este grupo defende que os pais poidan escoller libremente o idioma no que se forman os seus fillos.

Máis información no web da Mesa e en Tangallegocomoelgallego.es

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Ensino, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares