O colectivo "Tan gallego como el gallego" desminte ser responsable das BDs contra o galego no ensino

BDesmentido

Nun comunicado remitido a estas redacción, o colectivo "Tan gallego como el gallego" sinala "non ter nada que ver coa elaboración ou a distribución" da BD que apareceu onte na rede contra o decreto de galeguización no ensino. No mesmo texto consideran "deplorable", e rexeitan "sen reservas" o contido da mesma historia, e reivindican que esta iniciativa pretende unicamente garantir que os pais poidan escoller libremente a lingua na que se educan os seus fillos na escola, e inciden no seu respecto polo galego.

O web da iniciativa; a nosa nova sobre esta BD