O Partido Popular anuncia que seguirá a vía xudicial se a Xunta non rectifica o decreto do ensino

Tan decreto como o decreto

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O xoves o Consello da Xunta aprobaba o decreto sobre o galego no ensino. O venres, o colectivo “Tan Gallego como el Gallego” presentaba no rexistro da Xunta 20.400 sinaturas contra ese documento. E onte, o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ameazou con emprender medidas legais contra a Xunta se non rectifica o texto ao entender que “vulnera o espírito e o texto do Plan Xeral de Normalización lingüística”. Ademais, o Consello Consultivo acusa á conselleira de Educación, Laura Piñón de obrar de forma “tendenciosa” despois de que esta afirmara que os informes desta entidade sobre o galego eran contradictorios.

Máis información na nosa hemeroteca sobre a aprobación do decreto, sobre as sinaturas presentadas no web Tan Gallego como el Gallego e sobre a postura do Partido Popular en Galicia Hoxe e as respostas do Consello Consultivo en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Partido Popular, Ensino, Normalización Lingüística, Educación...